JOB TODAY logo

Animador/a y Monitor/a Infantil - Divercafé Pintamonas - Ribadavia

Entertainment

7 October 2026•223 views

Expires in 14 days

Título do Posto:
Xefe/a de Animación Infantil e Coordinación de Talleres (Con visión de crecemento e permanencia)


Descrición do Posto:
Buscamos unha persoa con paixón polas/os nenas/os e a animación para unirse ao noso equipo de maneira permanente e comprometida. Queremos que sexas parte integral da nosa empresa, non só como animador/a, senón como líder da área, cunha visión para facer crecer o negocio e mellorar continuamente as experiencias que ofrecemos ás nosas familias. Este posto está deseñado para alguén que vexa o traballo como propio, coa ambición de tomar o control e dirixir as operacións diarias, así como xestionar todas as áreas de animación e actividades.


Responsabilidades:
Liderar e xestionar as celebracións infantís e eventos, organizando e coordinando todo o proceso de principio a fin.
Crear e executar talleres e actividades innovadoras e educativas, adaptadas ás distintas idades e necesidades das/os nenas/os.
Supervisar as/os nenas/os en todo momento, garantindo a súa seguridade, benestar e goce.
Xestionar as redes sociais (Instagram, Facebook, TikTok) de maneira activa, creando contido que reflicta a calidade e o espírito das nosas actividades.
Interaccionar cos pais, resolvendo dúbidas, respondendo preguntas e mantendo unha comunicación constante sobre o progreso e as actividades das/os nenas/os.
Tomar decisións operativas diarias e participar na planificación estratéxica do negocio, co obxectivo de mellorar o servizo e aumentar a satisfacción das/os nosas/os clientas/es.
Xestionar e motivar o equipo, se é jnecesario, para acadar un ambiente de traballo positivo e eficiente.
Aportar ideas para a expansión e mellora do negocio, participando activamente na evolución e crecemento da empresa.


Requisitos:
Paixón e amor xenuíno polas/os nenas/os de todas as idades, con experiencia demostrable en actividades infantís e coidado de nenos.
Capacidade para xestionar o negocio como propio, tomando decisións, liderando iniciativas e optimizando procesos.
Habilidade para manexar redes sociais de maneira eficaz, creando contido atractivo e xestionando a interacción cos seguidores.
Creatividade para deseñar talleres innovadores, actividades e xogos educativos.
Responsabilidade, autonomía e visión a longo prazo para facer crecer a área de animación infantil e os servizos ofrecidos.
Formación en áreas como educación, pedagoxía, animación infantil ou afíns (preferido, non imprescindible).
Dispoñibilidade para traballar en fins de semana e horarios flexibles.


Ofrecemos:
A oportunidade de converter este negocio no teu, asumindo o posto con autonomía e a capacidade de tomar decisións.
Un entorno de traballo dinámico, creativo e cheo de oportunidades de crecemento.
Posibilidade de desenvolver novas estratexias e actividades á medida que o negocio medra.
Salario competitivo acorde co nivel de responsabilidade, se o negocio medra, ti medrarás con él.
Flexibilidade e un entorno amigable para o desenvolvemento das túas ideas.

  • Experience
    Not required
  • Employment
    Full-time
  • Schedule
    luns, martes, mércores, xoves, venres
  • Salary
    €600 – €1,200 monthly
  • Benefits
    Horas extras
  • Starting time
    Immediate start!

pin iconRibadavia

icon
EntertainerRibadavia

Zona infantil con parque de bolas y celebración de cumpleaños • 1-10 Employees

Hiring on JOB TODAY since May, 2021

No es un parque de bolas al uso, es similar a una ludoteca.

Maria M. avatar icon
Maria M.Active 2 months ago
Are you hiring?

Post a job and hire

Hire now

Jobs like Animador/a y Monitor/a Infantil