€700–€1400 monthly
Part-time
Narón
Estamos a seleccionar persoal para integrar no equipo de Triböca Estival, en Porto do Cabo, entre Cedeira e Valdoviño (a 30 minutos de Ferrol). Traballo sen bandexas. Ambiente relaxado. Ao aire libre. Somos un proxecto que xira arredor do acto de comer, compartir e estar a gusto. Que ofrecemos? Postos en cociña e sala: cociñeiro/a, camareiro/a e axudante de camareiro/a Xornadas de 8, 20, 28 e 36 horas semanais Un ambiente de traballo dinámico e próximo Unha contorna única Horario de apertura Xuño: traballo principalmente en fins de semana e extras Xullo: noites entre semana e fins de semana (mediodía e noite) Agosto: noites entre semana e fins de semana (mediodía e noite), con máis horas Septembro: opcional Que tarefas terás? Atención ao cliente, toma de pedidos, preparación de bebidas e comidas, coidado dos detalles, limpeza e apoio no servizo. Que buscamos? Xente con boa actitude, ganas de traballar e aprender, e que encaixe co equipo. Se che encaixa, mándanos o teu CV